Etiquetas interesantes.

lunes, 15 de enero de 2018

As profes tamén tivemos o noso agasallo por parte de Papá Noel e os Reis Magos.
Desde comenzo deste curso estamos a realizar un curso de formación en centros sobre a metodoloxía ABN.
A asesora do PFPP propúxonos escribir un artigo sobre a nosa experiencia.Así o fixemos e acaba de ser publicado no nº74 da revista galega do ensino "EDUGA".
Se o queredes ler aquí pinchade enriba da imaxe.

BENVIDA!!

                            Nestes días recibimos con ledicia a un novo mandilón laranxa.
                                                          Dámoslle a benvida a María!


lunes, 8 de enero de 2018

Comezamos o segundo trimestre...cunha sorpresa moi especial.

De volta ás aulas os mandilóns vermellos, verdes e laranxas tiveron unha grata sorpresa. Resulta que como se portaran tan ben, Papá Noel e os Reis deixaran nas aulas agasallos para tod@s. Só queda compartilos e desfrutalos na compaña dos amigos e amigas.






sábado, 23 de diciembre de 2017

Festival Nadal 2017


Preparámonos para celebrar o festival de Nadal. O primeiro que fixemos foi poñer os nosos gorros de Papá Noel e todos xuntos fomos á Casa da Cultura para celebrar o gran día.                                         








Tivemos uns magníficos presentadores que animaron cada actuación. Aprenderon unhas rimas para presentar a cada aula.                                                                                                                           



Visionamos o videoclip de 6º C e recibimos a visita dun representante da ANPA que lle entregou o seu premio a Jimena polo concurso de cabazas de Samaín.                                                                



Tamén vimos unha presentación especial que elaboramos coas fotos de nenos e nenas e máis das profes. Aquí deixamos o enlace para que vos quede de recordo:       NADAL 2017 VÍDEO


Comezaron actuando os de cinco co baile "Macarena Christmas". Fixérono fenomenal!!








A continuación os de catro recitaron un poema de Nadal e cantaron a canción "Santa Claus llegó a la ciudad".                                                                                                                                                    






Os peques do cole estreáronse coa canción "Chegou o Nadal" e foron uns auténticos campións.








Rematamos todos xuntos cantando as cancións: "Tres pastelitos" e máis a canción "Obladí, obladá".





Grazas familias pola vosa presenza este día, para eles foi un día moi especial despois de adicar moito tempo a ensaiar nas aulas. 



O último día de cole celebramos a merendola de Nadal para despedir o trimestre. Pasárono xenial como vedes nestas fotos.                                                                                                                     






E ademais de pasalo tan ben, levamos para casa uns traballiños de nadal do máis chulis. Velaquí tedes a mostra.








miércoles, 20 de diciembre de 2017

PROXECTO CHINA

Rematamos o trimestre coñecendo moitas cousas de China. Os mandilóns verdes foron quen de escribir o seu nome cos caracteres da escritura china.




Tamén aprenderon que os chinos inventaron moitos xogos: o papaventos, o dominó e o tangram. 
E por iso, decidimos xogar ao tangram, compoñendo unha árbore de Nadal. 
Son todos uns expertos coas tesoiras!



E como non, decoraron un farol chinés que levaron para a súa casa, e tamén poden colgar na árbore coma se fose un adorno máis.


lunes, 18 de diciembre de 2017

É Nadal no cole.

Dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxeron que as familias trouxeran adornos para o colexio. Chegaron árbores de nadal sorprendentes, simpáticos renos, fermosas estrelas e un sinfín de adornos que dan un ambiente navideño ás aulas e corredores.

Tamén, coa axuda da profe Noe preparamos unha árbore de Nadal chea de bolas cos nomes de todos os nenos e nenas.

Velaquí un resumo de todos os adornos. Grazas pola vosa colaboración!!


















sábado, 16 de diciembre de 2017

CUMPLES DE DECEMBRO.

A piques de rematar o trimestre e cos derradeiros ensaios para o festival de Nadal  da vindeira semana, celebramos este venres os cumples dos máis peques das clases. Novembro pasou sen ter ningún e en decembro tivemos dous, un na clase de 3 anos e outro na clase de 5. Moitas felicidades para os dous !!!!!!





jueves, 14 de diciembre de 2017

NADAL CON ABN

Coa axuda do Nadal moi presente na nosa contorna traballamos a subitización. Que é isto? Moi fácil, consiste en recoñecer de súbito o cardinal dun conxunto, sen necesidade de realizar ningunha actividade de conteo. Para conseguilo preparamos dúas presentacións. Na primeira traballamos do 1 ao 4 e na segunda do 5 ao 7. É impresionante o que son capaces de facer estes peques. Así tamén o podedes comprobar vós na casa.

Rematamos o trimestre na clase de 3 anos tendo como protagonista o número 4, que son os anos que van a cumplir tod@s o vindeiro ano, que está a piques de comezar. Calquera cousa sirve para contar.

lunes, 11 de diciembre de 2017

CHEGA O NADAL!

Un ano máis, o equipo de dinamización da lingua galega propúxonos a participación no concurso de postais para felicitar ás familias.Este foi o resultado:

jueves, 7 de diciembre de 2017

Día de cine...día de emocións.

Chegou o gran día que todos os peques esperaban. Algúns ían  subir por primeira vez ao bus e para outros era unha experiencia que repetían. Achegámonos ata o cine de Leiro para ver a película "Coco", e algunha bágoa caeu cando finalizou a película.





















Pola tarde, recreamos en papel o que máis nos gustou da película. Son todos uns xenios do debuxo!!








E como ao día seguinte tocaba festexar a Constitución, levamos para casa un traballiño que nos tocou facer durante a semana.



        
Related Posts with Thumbnails Gracias - Mensajes y Imágenes!