miércoles, 19 de abril de 2017

Á volta de vacacións...comezamos co recortado.

Na aula de tres comezamos a practicar cun novo material: as tesoiras. Aprendemos a colocar ben os dedos e, ¡sorpresa!, se as abrimos e pechamos somos capaces de recortar un fermoso sol...que logo colocamos na nosa ficha para adornar a aula coa chegada da primavera.
Seguiremos practicando coas tesoiras e conseguindo facer cousas divertidas.








Tamén adornamos a aula cunhas coloridas bolboretas que fixemos coas nosas mans.



E ata a nosa amiga Pepa cambiou as súas roupas invernais por unha roupa máis colorida e propia da estación na que nos atopamos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario