miércoles, 5 de abril de 2017

Hoxe foi día 5.

Desde hai un tempo os números forman parte das nosas rutinas. Hoxe foi día 5 de abril e comezamos a mañá tendo como protagonista a este número, falando do seu veciño de abaixo o número 4 e o de arriba que é o 6. Tamén fixemos a casita do número cinco que nos permite descompoñer este número e logo fixemos o sol. 
Pero como sería moi aburrido tanto escribir, tamén xogamos cos números e as súas familias. Estas pequenas que están na alfombra están sacadas do blog da profe Laura  que sabe moito, moito do abn. Tendo en conta as cores que ela empregou fixemos nós as plantillas para facer as casitas máis grandes e colocalas enriba do encerado. 


Contamos palillos de dez en dez e fixemos grupos de dez que despois nos permite traballar a decena, e polo tanto, unha morea de números.


No mundo do abn tamén se traballa coa metade dos números. E o cinco é a metade de dez que é a puntuación máxima que pode obter un arqueiro ao practicar o tiro con arco. Isto fíxonos lembrar o proxecto que traballamos no Entroido e que nos permitiu coñecer unha morea de cousas sobre o noso disfraz: o tiro con arco.


No hay comentarios:

Publicar un comentario