lunes, 15 de mayo de 2017

O noso libro dos nomes...está rematado.

Dende hai varias semanas andamos a voltas co noso libro dos nomes e aprendemos moitas cousas:

  1. Experimentamos a escribir o noso nome con pintura de dedos
   
        2. Buscamos o noso nome: as tramposas das letras cambiaron de sitio e querían confundirnos.



                3. Picamos e compuxemos as letras para formar o noso nome:



             4. Modelamos a inicial con plastilina e decoramos o nome con gomets:


             5. Convertémonos en magos por un día. Con cera branca escribimos o noso nome na ficha pero...case non se vía e ¡tantachán! ...se lle aplicamos por enriba témpera aguada...xa aparece.


           6. Preparamos con tapóns as letras de abecedario e estampamos.



          7. Contamos as letras do noso nome e comparámolas cas dos nosos compañeiros e ¡voilà! ...xa somos capaces de distinguir nomes longos de curtos.



E como o esforzo mereceu a pena...aquí vos deixamos unha mostra do noso libro. Esperemos que vos guste...



No hay comentarios:

Publicar un comentario